3x3O Colexio Salesianos será o escenario esta fin de semana dunha nova edición, a terceira xa, do Torneo 3 x 3 Solidario de Baloncesto en Cadeira de Rodas, unha iniciativa benéfica posta en marcha polo Club Amfiv, o Club Baloncesto Salesianos, e a Asociación Xuvenil Abertal, para facer promoción do baloncesto adaptado entre as persoas sen ningún tipo de minusvalidez á vez que se recadan alimentos non perecedoiros para doar á Operación Quilo.

Despois do éxito obtido nas dúas edicións anteriores, os organizadores do evento aspiran a seguir crecendo e superar os vinte e oito equipos -10 en categoría senior, 6 en cadete/junior e 12 en alevín/infantil- que tomaron parte o ano pasado nesta cita. De momento, a inscrición, que se pechará hoxe xoves, marcha por moi bo camiño e as previsións invitan o optimismo. Os interesados en tomar parte poden aínda descargar a folla de inscrición en www.cdamfiv.com ou en www.cbsalesianosvigo.es e enviala debidamente cuberta a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A xornada do sábado do III Torneo 3 x 3 Solidario de Baloncesto en Cadeira de Rodas estará dedicada aos máis pequenos, ás categorías alevín/infantil -de 9 a 13 anos- e cadete/junior -de 14 a 17 anos-, mentres que o domingo será a quenda dos senior, os maiores de 18 anos. Os equipos estarán compostos por un mínimo de 4 e un máximo de 6 xogadores e o único requisito para participar é achegar 1 quilo de alimentos non perecedoiros por xogador para doar a la Operación Quilo. Iso e moitas ganas de divertirse e pasar unhas entretidas xornadas practicando deporte e probando unha nova experiencia.