Getafe impón físico e puntaría para superar ao Amfiv

Imprimir

A falta de puntaría e o abafador dominio do rebote por parte do Getafe condenaron ao Amfiv a unha dolorosa derrota que complica moito o seu futuro dentro do esixente Grupo 1 da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas. Os vigueses víronse superados por un conxunto madrileño que aproveitou a permisividad arbitral para levar o encontro a un plano moi físico e, como xa acontecera sete días antes fronte ao Fundación Grupo Norte, ao descanso o partido estaba xa moi costa arriba (31-45, min.20).

De feito, o primeiro cuarto mostrou como se ía desenvolver o resto do encontro. A envergadura de Gholamazad, imparable na zona, creaba moitos problemas a un Amfiv que tamén sufría polo extremo acerto no lanzamento dos exteriores do Getafe, con papel preponderante para outro iraniano, Ahmadi, e o colombiano Leep. Ademais, Amacher convertíase no complemento ideal para eles ao achegar puntos tanto dende dentro coma dende fóra de la zona. Ademais, a dura presión visitante atragoóuselle a un conxunto local que non remataba de ter as ideas moi claras.

A aparición en pista de Txema Avendaño pareceu dar un novo aire aos pupilos de César Iglesias no inicio do segundo cuarto, con oito puntos consecutivos. Pero o Getafe, que engadía ás súas bazas anteriores a presenza do polaco Bandura, un perigo sempre no lanzamento afastado, non baixaba o seu ritmo anotador. Por iso, ao descanso o Amfiv marchaba con moito traballo por facer (31-45, min.20).

Non obstante, non houbo opción á épica nin a ala remontada. A agresiva defensa visitante, rozando en moitas ocasións a dureza excesiva, seguía atragoándoselle a un equipo vigués que, ademais, empezaba a desesperarse cos rivais e cos árbitros e vía como as súas escasas opcións de pelexar por unha importante vitoria empezaban a esvaecerse (43-61, min.30). E esfumábanse completamente nun último cuarto que pasou con máis pena que gloria para selar a terceira derrota dun Amfiv que terá que mellorar nos seus próximos encontros para intentar pelexar por unha das catro primeiras prazas que dan acceso á Fase polo Título e non se ver abocado así a loitar por evitar o descenso.

AMFIV - GETAFE 58-75