Cabecera Vide

O Amfiv fai máis méritos na pista que no marcador ante Ilunion

O marcador reflicte unha clara vitoria do Ilunion. Unha máis dun equipo feito por e para gañalo todo. Un triunfo contundente e vendo o resultado podería pensarse que doado. Pero nada máis lonxe de la realidade. Porque o Amfiv presentou batalla coas súas armas durante boa parte do encontro e só nos últimos instantes, co choque xa decidido, deixouse ir permitindo a un rival que non perdoa o máis mínimo despiste afondar na ferida.

O conxunto de César Iglesias sabían que nesta segunda xornada na División de Honra tiña por diante un reto complicadísimo, case imposible, posto que o Ilunion, nome actual do anterior Fundosa Once, mantén un equipo de auténtico luxo para tratar de gañar sen excesivas complicacións a competición doméstica e conseguir alzar á fin esa Copa de Europa que se resiste nas últimas campañas. Malia todo, os vigueses o intentaron e mantiveron case en todo momento o seu rival a tiro, obrigando aos locais a non se despistar en exceso para non ver perigar a súa renda.

Non obstante, a acumulación de faltas persoais en contra, unida a certa permisividad arbitral nas accións defensivas do Ilunion en momentos claves do partido, foron minando poro a pouco a resistencia dun Amfiv que volve á casa de baleiro pero con boas sensacións e esperanza de cara ao futuro. "Conseguimos xerar e chegar a atopar posicións cómodas detiro e iso ante un rival desta entidade non é nada doado", asegura César Iglesias, técnico vigués, quen se mostra contento co rendemento do seu equipo a pesar do resultado. "Perdemos pero a imaxe foi boa. Competimos en todo momento e só nos últimos minutos, con todo xa decidido, deixámonos ir un pouco. Estamos na boa liña e sobre todo o inicio do choque gustoume bastante. Ese é o camiño que debemos seguir. O do terceiro cuarto o outro día ante o Fundación Grupo Norte e o inicio hoxe ante Ilunion", finaliza o preparador do Amfiv.

ILUNION - AMFIV 77-53