O pavillón de Bouzas chamarase Pablo Beiro pola súa contribución ao deporte e á integración

Imprimir

Pabl Beiro VIDEOs tres grupos da Corporación acordaron na mañá de onte denominar Pablo Beiro ao pavillón de Bouzas, en recoñecemento á traxectoria do recentemente falecido edil do Partido Popular e presidente do AMFIV. Trátase, explicou o rexedor, dunha "homenaxe da cidade a alguén que tanto fixo polo deporte, sobre todo entre persoas discapacitadas".

O alcalde deu instruccións para iniciar o procedemento que permita denominar Pavillón Pablo Beiro ás instalacións deportivas de Bouzas.

Asimesmo, onte celebrouse unha sesión plenaria extraordinaria para tomar coñecemento do falecemento deste edil do Partido Popular. O alcalde e os voceiros dos tres grupos, Santiago Domínguez, Carmela Silva e José Manuel Figuera transmitiron as súas condolencias á familia do concelleiro e coincidiron ao destacar a súa incansable labor en favor dos discapacitados e do deporte.