Cabecera Vide

O Amfiv, a pesar das ausencias, impón a lóxica e supera ao Basketmi na Copa Galicia

amfiv_copa_galiciaUn cuarto, o segundo no que os vigueses lograron un parcial de 21-2, serviu para que o Amfiv engadise ao seu palmarés unha nova edición da Copa Galicia, nun choque no que o conxunto de César Iglesias acusou a falta de competición durante o último mes, as ausencias e cometeu incontables erros en posicións clarísimas debaixo do aro.

A convocatoria de Vicky Alonso para unha serie de encontros amigables coa selección feminina en Francia, e o regreso do australiano Nick Radovich á súa casa unha vez concluída a División de Honra, provocaron que os vigueses unicamente contasen con sete xogadores para este encontro. A partir do segundo cuarto quedaron tamén sen Bernabé Costas que non puido participar xa máis no choque por un problema nunha das rodas da súa cadeira. O Basketmi, pola súa banda, presentou batalla no primeiro cuarto e no terceiro, que se saldaron ambos os dous con parciais axustado (17-16 e 19-17) pero sucumbiu con claridade ante un rival de superior categoría nos outros dous (20-2 e 13-5), especialmente no segundo, no que xa se despediron de calquera opción de pelexar pola vitoria.

AMFIV - BASKETMI  69-40
AMFIV: Julio Vilas (14), Bernabé Costas (10), Filipe Carneiro (-), Txema Avendaño (23), Lorenzo Envó (20) -cinco inicial-, Samuel Rodríguez (-) e Alberto Abalde (2).
BASKETMI: José Teijido (2), Miguel Romero (1), Alberto Fernández (7), Pedro Paz (21), Manuel Lorenzo (1) -cinco inicial-, Andrés Lorenzo (-), J.M. Barroso (.), Tesouro (8) e Berrio (-).
PARCIAIS: 17-16, 37-18 (descanso), 56-35 e 69-40 (final)
INCIDENCIAS: Encontro correspondente á Copa Galicia disputado en Cabana de Bergantiños.