O Amfiv tira de casta e orgullo para lograr o seu primeiro triunfo na Fase polo Título

Imprimir

Cando peor pintaban as cousas. Despois dunha semana complicada e co equipo baixo mínimos tras a marcha de Agustín Alejos e a baixa por enfermidade de Santi Comesaña. Na cancha do vixente subcampión de Copa e terceiro clasificado nesta Fase polo Título, o Mideba Extremadura. Un equipo que conta nas súas filas co máximo anotador da División de Honra, o mexicano Salva Zavala, moi ben acompañado por xogadores da envergadura de Hugo Lourenço e José Cano aos que se uniu recentemente o arxentino Carlos Alberto Esteche.

Nesa difícil situación xurdiu o carácter do Amfiv para sobrepoñerse a todas as dificultades e contratempos e lograr ala vitoria. A primeira desta nova fase de la tempada. Con este espírito chegarán máis. Porque o conxunto de César Iglesias completaron un sensacional partido en Badajoz, con todos os xogadores a un gran nivel, moi enchufados, intensos e pelexando todos e cada un dos balóns coma se fose o último. Mención especial merece a actuación de Txema Avendaño que deu o paso adiante que esperaba del tras a marcha de Alejos achegando á vitoria 21 puntos e 12 rebotes.

O acerto nos lanzamentos exteriores no comezo do partido serviu para apuntalar a moral dos vigueses. Lorenzo Envó, Bernabé Costas e Nick Radovich mostrábanse finos no tiro e, a partir de aí, o Amfiv empezou a crecer mentres todos os xogadores ían achegando o seu granito de area. Só unha serie de erros defensivos na presión, unidos á altura dos xogadores extremeños, impedían que o conxunto de César Iglesias abrise unha brecha clara no marcador.

De feito, cando estiveron a punto de logralo, para marchar con certa tranquilidade ao descanso, os visitantes erraron o lanzamento que podía deixar a súa renda en dez puntos e viron como o Mideba aproveitaba o minuto final do segundo cuarto para encadear un parcial de 6-0 e levar o marcador de 31-39 a 37-39, marchando ao intermedio cunhas sensacións moi distintas.

Ademais, o Amfiv non iniciou ben o terceiro período. Os lanzamentos agora xa non entraban con tanta asiduidade mentres que os locais si que anotaban con fluidez (47-43, min.24). O partido entrou entón nun anaco de indecisión por parte de ambos os dous equipos. Era un momento importante e ninguén acertaba co aro. Afortunadamente, foi o conxunto vigués o primeiro en anotar, enganchándose plenamente de novo ao encontro.

Dende aí ata o final, o choque foi un constante intercambio de canastras, no que os pupilos de César Iglesias parecían levar as de gañar cando a falta de 50 segundos e gañando de tres puntos (66-69) un bo rebote defensivo permitiu a Julio Vilas correr o contragolpe. Non obstante, non acertou coa bandexa que podía pechar definitivamente o encontro e, para colmo, na seguinte acción cometeu unha falta antideportiva. O Mideba anotou o primeiro tiro libre e fallou o segundo pero aínda tiña 20 segundos para intentar forzar a prórroga ou buscar o triunfo cun triplo. Non logrou nin unha cousa nin la outra. O Amfiv recuperou a posesión a falta de 4 segundos. César Iglesias solicitaron tempo morto. A orde era que recibise Lorenzo Envó. Non puido ser e a pelota rematou en mans de Julio Vilas que sufriu a esperada falta. Anotou o primeiro lanzamento e errou o segundo. Foi suficiente porque o último e desesperado intento de Hugo Lourenço dende o seu propio campo que se estrelou contra o taboleiro.

MIDEBA EXTREMADURA - AMFIV 67-70
MIDEBA EXTREMADURA: José Manuel Conde (-), Eusebio Fernández (11), Carlos Alberto Esteche (15), Hugo Lourenço (7), Cano (8) -cinco inicial-, Demetrio González (3), José Manuel Calderón (2), e Salvador Zavala (21).
AMFIV: Julio Vilas (11), Berni Costas (11), Filipe Carnero (-), Lorenzo Envó (14), Txema Avendaño (21) -cinco inicial-, Samuel Rodríguez (4) e Nick Radovich (9).
PARCIAIS: 21-23, 37-39 (descanso), 53-54 e 67-70 (final).
ÁRBITROS: Pérez e Sánchez Mayoral. Sen eliminados.
INCIDENCIAS: Encontro correspondente á terceira xornada do Grupo 2 da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas.