Julio Bernárdez e Oscar Carbajo dirixirán ao Aldasa Amfiv 11/12

Imprimir

O Aldasa Amfiv pechou xa o corpo técnico que se fará cargo de equipo para a campaña 2011-2012, substituíndo a César Iglesias, quen recentemente abandonou a entidade para aceptar unha interesantísima oferta do COB Ourense.

As negociacións foron rápidas posto que unha vez que se lles formulou a posibilidade e tras as dúbidas iniciais, tanto Julio Bernández como Óscar Carbajo aceptaron o reto. Ambos os dous contarán, ademais, coa colaboración de Félix Muñoz, que a campaña pasada exercía de segundo de César Iglesias, e que axudará na súa transición do baloncesto a pé ao baloncesto adaptado.

Julio Bernárdez é unha persoa que estivo vinculada ao baloncesto ao longo da súa dilatada traxectoria en todas as funcións posibles e que achegará ao corpo técnico a súa experiencia ao estar xa en contacto con equipos de elite.

Óscar Carbajo, a pesar da súa xuventude, leva tamén máis de quince anos no mundo do baloncesto, traballando especialmente nas categorías de formación, aínda que tamén posúe unha interesante experiencia como técnico axudante en conxuntos senior, tanto masculinos como femininos.

Este venres 2 de setembro ás 12.30 horas nas oficinas de VIDE e realizarase a presentación oficial do novo corpo técnico do Aldasa Amfiv.