O equipo junior do Celta Caixanova comeza hoxe a súa participación no intersector que se celebra en Astillero en calidade de Campión Galego

Imprimir

campeonas-galegas-junior-20Do 29 de abril ao 2 de maio disputaranse as catro fases interautonómicas na categoría junior feminina, o último chanzo antes da disputa da gran final; catro días durante os que 32 equipos loitarán por pasar o corte á Fase Final do Campionato de España Junior Feminino a celebrarse en Mieres do 18 ao 23 de Maio; só 2 equipos do grupo Norte tedrán pase á Fase Final.

O equipo dirixido por Miguel Méndez viaxou na tarde de onte cara a terras cantabras con chegada sobre as 22.15 horas e hoxe, mañá e pasado madrugón. O sorteo do calendario non foi benévolo co equipo celeste, único equipo que disputará todos os partidos ás 10 da mañá.

No partido deputado na mañá de hoxe:
10.00 horas
Pavillón Astillero

Celta Caixanova 65
Pontumio 44

 Calendario (35.9 kB)