Esta será a xornada que definirá en Liga Feminina a loita polo cuarto posto e a loita por evitar o descenso. Tras dous anos de serenidade no que a sustos e imprevistos resultados refírese, implicámonos na "tranquilidade" da loita pola primeira opción;  a clasificación para xogar os play-offs ou quedar fóra pasa polo resultado de mañá.

Se sacamos de calculadora e apuramos opcións matemáticas e resultados rocambolescos habería aínda ata 6 equipos con opcións pero a chave de todo téñena o Mann Filter e o Celta Indepo, os dous equipos que dependen de si mesmos e que se miden directamente mañá sábado.

O calendario: Mann Filter Zaragoza (casa), CB Olesa Espanyol (fóra)

Opcións do Celta: Obrigadas a gañar ao Mann Filter. Todas as posibilidades das de Miguel Méndez pasan por vencer as zaragozanas e preferiblemente facelo por +10. Vencer ao Mann Filter e facelo por menos diferenza obrigaría ao Celta a gañar ao Olesa e a que as mañas perdesen ante o Cadí.  Os outros equipos implicados son Mann Filter Zaragoza, Olesa, Mallorca, Canarias e Girona.

Mañá pode ser o último partido de liga desta tempada para este equipo e por iso a última opción de contar co apoio do público, os nosos asiduos e constantes seguidores; siareiros fieis cos que sempre contamos, os que estamos agradecidos e esperamos poder ofrecer un bo espectáculo no que sen dúbida será o partido da xornada. Miguel poderá contar coa totalidade do equipo para o partido, só a baixa de Piar obstaculizará que poida dispoñer de todos os seus efectivos tras unha mais que satisfactoria campaña.

IMD, Sábado 19.00 HORAS

No descanso do encontro farase entrega de trofeos de I MEMORIAL CLAUDIA F. LEDESMA - Torneo Triangular Junior Feminino que se vén celebrando dende onte na instalación de bouzas entre os equipos Cortegada, Falcón Viaxes e Celta Caixanova Junior.