As próximas datas de Semana Santa serán aproveitadas polas seleccións españolas de formación para concentrarse e seguir preparando os compromisos oficiais de verán.

Así a selección sub18, dirixida polo técnico de Celta Indepo, Miguel Méndez, concentrarase os días 30 e 31 de Marzo e 1 de abril en Olesa, e alí estará a base Marina delgado. Nas mesmas datas e lugar traballará a selección sub17 que prepara o Mundial de Francia e para a concentración da cal foi chamada Leyre Carrascosa.

Por último, tamén Rebeca Navarro participará da concentración da selección española sub15, que se celebrará en Alcobendas os próximos días 2 e 3 de Abril e serve de preparación para os Xogos da Amizade que terán lugar en España o próximo verán.