Tras a vitoria conseguida na pista de Cortegada, o equipo junior Celta Caixanova alcanzou o título autonómico a falta de 3 xornadas para o final da competición.

Cun balance actual de 15 vitorias e sen coñecer a derrota ata a data, o equipo de Miguel Méndez e Manu Martín afronta o tramo final esperando a chegada do sector interautonómico a finais de abril, onde o equipo buscará en Cantabria o pase á fase final do Campionato de España.