Cabecera Vide

O Celta Indepo visitará mañá martes a factoría de PSA Peugeot Citroën en Vigo

discursopierreiannicitroenO primeiro equipo e directiva do Celta Indepo de baloncesto feminino visitarán este martes (11:00 horas) a planta viguesa de PSA Peugeot Citroën, invitados polo director do centro de Vigo, Pierre Ianni. Esta visita é a primeira da etapa bosquista do club, que PSA Peugeot Citroën apoia nas tres últimas tempadas.

A firma do chevrón, un dos catro patróns fundadores de VIDE, demostra unha vez máis o seu compromiso co deporte vigués, ao que tamén apoia directamente a través da propia Fundación Vigo en Deporte. Ianni, ademais, é un asiduo seguidor aos partidos do Celta Indepo, que este ano está a realizar a mellor tempada do último lustro.

A planta de Vigo de PSA recibe preto de 10.000 visitantes cada ano interesados en coñecer o funcionamento dunha gran factoría ou que manifestan a súa curiosidade polo proceso de produción dun automóbil. Diariamente, de luns a venres, o centro de Balaídos recibe a grupos de persoas que percorren a factoría cun guía. Son, en moitos casos, familiares dos traballadores ou escolares, así como outros colectivos de estudantes, profesionais ou xornalistas.

Nesta ocasión será o equipo de baloncesto feminino, co que PSA mantén unha magnífica relación de outrora: Citroën Hispania patrocinou á sección de baloncesto feminino do Real Club Celta desde 1980 a 1988. Nesa etapa, o Celta Citroën gañou unha Liga (1982) e tres Copas da Raíña (1981, 1982 e 1984).