As viguesas caeron no seu cancha ante un Rivas moi centrado no partido. Ao Celta Indepo custoulle meterse no encontro. O cadro céltico chegou a remontar quince puntos de desvantaxe no terceiro cuarto. Xa nos últimos 10 minutos de xogo, as madrileñas botaron man de Anna Cruz e lograron levar os puntos do partido.

CELTA INDEPO 71
RIVAS ECÓPOLIS 85

Sábado, 6 de marzo de 2010. Pavillón de As Travesas.