Importante partido para o Celta Indepo

Imprimir

Mañá sábado disputarase o partido correspondente á 21ª xornada de liga feminina; xogará en sábado xa que o equipo visitante estaba a xogar competición europea dentro do prazo estipulado FEB para posibles cambios e por normativa o horario do encontro neses casos impide xogar en venres.

Aínda tendo en conta as probabilidades de que quedasen eliminados da competición continental o pasado mes e co fin de abaratar e facilitar o seu desprazamento atendendo á súa petición, determinouse como horario sábado, sen posibilidade de cambio posterior.

Importante partido o que se disputará en Vigo fronte a Rivas, un equipo que partindo como favorito (non en van ten unha dos equipos mais potentes da liga, reforzada a última semana coa fichaxe de Tornikidou) non pode ceder se quere aspirar á segunda praza (aínda que aínda teñen opcións matemáticas de alcanzar a primeira). Pola nosa parte e dentro da pugna pola cuarta praza, Miguel Méndez puido contar coa recentemente chegada Maznichenko.

CELTA INDEPO - RIVAS ÉCOPOLIS
(SÁBADO 18 HORAS)