Cabecera Vide

O Celta Indepo desprázase a terras xerundenses

Loitando por manter a cuarta praza o Celta Indepo desprázase a terras xerundenses para medirse ao Argon Uni Girona. Mañá a partir das 10.00 horas viaxará o equipo cara a Cataluña onde xogará o partido correspondente á xornada 21 o domingo día 28 ás 18.00 horas.; regreso o luns pola mañá.

Teñen previsto adestrar a partir das 20.30 horas na cancha de xogo.

Miguel Méndez contará coas habituais para este encontro tendo en conta a baixa de Pilar Valero; a boa noticia da semana: unha vez solucionados os trámites burocráticos, a chegada de Olga Maznichenko o luns (salvo imprevistos de ultimísima hora) que xa poderá adestrar a próxima semana co resto do equipo.