Cabecera Vide

O Celta Feminino cae eliminado no Nacional júnior

celta juniorO Celta Feminino perdeu onte fronte ao CB Conquero (62-68) e quedou eliminado do Campionato de España júnior no terceiro e último encontro da fase de grupos. As igualdade foi a tónica de todo o partido pero a un minuto e sete segundos para o final, Conquero gañaba por un punto e as faltas persoais castigaron ás celestes, logrando as andaluzas seis puntos dende a liña de tiros libres.

O Celta empezou ben o torneo, cunha vitoria ante as anfitrionas, o Loiola Indautxu de Bilbao na primeira xornada, pero dúas derrotas consecutivas por unha escasa marxe, fronte a Estudantes e Conquero, deixounas fóra da competición.