celta bosco roldaAs dependencias da Fundación Vigo en Deporte foron onte o escenario da presentación da nova xunta directiva do RC. Celta Bosco e que rexerá os destinos do club, tras o falecemento de Paco Araujo. Carlos Álvarez manterase na presidencia do club con Jesús López como vicepresidente. Súmanse ao grupo de traballo os directivos Manuel Fernández, Pablo Campos e Pedro Prezado, á espera dalgunha incorporación máis nas próximas datas.

Carlos Colinas como director xeral, Rosa Patiño como secretaria e Antonio Ramos como tesoureiro, completan a estrutura de xestión do club para o futuro inmediato.