celta cadeteA falta dunha xornada para o remate da liga regular, o Celta Feminino proclamouse campión autonómico cadete tras a súa vitoria ante Cortegada (68-36). Deste xeito consegue tamén a súa clasificación directa para o Campionato de España da categoría que se disputará en Zaragoza do 22 ao 28 de maio. 

Equipo Cadete

Dirixido por Pedro Fernández e Yago Casal, compoñen Celta Feminino cadete as seguintes xogadoras: Berta Rodriguez, Carla Garcia, Paula Rivas, Araceli Baeza, Raquel Carrera, Marta Fernández, Nerea Arambarri, Lara Otero, Ari Saborido e Raquel Martínez.

Este título cadete posibilita que equipos do club alcancen algo inédito en categorías de formación, como é ser campións nas tres categorías: Júnior, cadete e infantil.

Equipo infantil

Un novo éxito para a canteira do club vigués. Celta Feminino infantil alcanzou o título de campión galego chegada a xornada 19, nunha categoría onde dende a tempada 2006/2007 non se lograba o máximo galardón. A vitoria ante Arxil (66-15) leva ao equipo dirixido por César Iglesias e Oscar Díaz, ademais, a manter a súa imbatibilidade e obter o pase directo ao Campionato de España que se celebrará en Porriño e Tui en xuño próximo.

Compoñen o equipo do equipo as xogadoras Ana Estévez, Alba Souto, Lucía Fontela, Sara Vidal, Cristina Fernández, Ana Sobriño, Mara Neira, María Bares, Noa Padín, Esther Gil e Carla Pazos.


Título autonómico para o equipo júnior 

Celta Feminino proclamouse campión galego júnior tras a vitoria lograda en Coruña ante Maristas (38-90). A falta dunha xornada para o final da liga regular, o equipo dirixido por Nacho Silva e David Bernardez consegue un novo título autonómico, oitavo consecutivo nesta categoría dende 2009. Con iso participará na fase final do Campionato de España que se celebrará en Guipúzcoa do 8 ao 14 de maio.

Forman o equipo de júnior as xogadoras, Raquel González, Candela Hermida, Thaisa Alcantara, Pomba González, Nerea del Río, Marta Cabaleiro, Gaila Comesaña, Lucía Fernandez e Laura Paz. Xunto a elas, as cadetes Carla García, Nerea Arambarri, Berta Rodríguez e Raquel Carrera completan o grupo de traballo que dende setembro pasado veñen traballando e competindo de xeito regular.