Paso de xigante para disputar a fase final polo título de liga. Importante vitoria do Celta Indepo en Irún ante o Hondarribia e derrota do Mann Filter de Zaragoza en Madrid ante o Canoe. O próximo venres as viguesas reciben en As Travesas ao Soller, mentres que o conxunto aragonés se mide ao Ros Casares.


HONDARRIBIA 53
CELTA INDEPO 64

Partido disputado no pavillón Hondartza Kiroldegia. Sábado, 13 de febreiro de 2010.