lavadores seisO Academia Octavio logrou o sábado unha importante vitoria que lle permite seguir soñando coa salvación. Venceu ao Handbol Bordils (27-25) en Travesas e continúa último empatados a puntos co Cisne pero só a dous puntos do Amenabar e a tres do Nava, xa en zona de permanencia. Agora tócalles descansar ata o 16 de abril que viaxarán a terras vascas para enfrontarse ao Bidasoa Irún, segundo na clasificación.

E o outro encontro de balonmán dos equipos Siareiros elite era o esperado derbi da Primeira Estatal masculina, que enfrontaban a Las Cinco Jotas UB LavadoresMagope Seis do Nadal Coia, que foi para os de Coia (20-29). Unha xornada máis deberan esperar os de Lavadores para asegurarse a permanencia. Os de Jorge Fernández soben á quinta posición da táboa de clasificación. A próxima xornada, tras o parón de Pascua, xogarase o sábado 2 de abril. Las Cinco Jotas viaxará a Lalín para enfrontarse ao Embutidos Lalinense, e o Magope recibirá en Coia ao BM. Saeplast Cañiza (19.30 h.).

O Amfiv mantén a boa liña e suma un cómodo triunfo no derbi ante o Basketmi. O conxunto de César Iglesias demostrou ante os de Ferrol que, a pesar de ter xa conseguida a permanencia unha campaña máis na máxima categoría do baloncesto en cadeira de rodas nacional, afronta este final de tempada coa máxima ilusión e con ganas de seguir sumando vitorias. Os vigueses, cunha boa defensa especialmente sobre Pedro Paz, e aproveitando as súas opcións en ataque foron incrementando pouco a pouco a súa renda e ao descanso xa tiñan encarrilado un partido (41-28, min.30) que acabaron gañando comodamente (78-50). A semana que ven os vigueses recibirán ao Joventut BCR (sábado 2, 19 h. Pavillón Pablo Beiro).

O derbi provincial que levaba a Celta Zorka ante o Arxil de Pontevedra (61-69) trouxo a undécima vitoria ao equipo de Cristina Cantero, nunha sorte de cinco consecutivas que o instala na zona media de ala táboa. A firmeza defensiva das céltico unido ao soberbio partido de Ylenia Manzanares permitiu o dominio do choque, con diferenzas que tan só no ecuador do último cuarto se viron reducidas. A próxima xornada recibirá ao Gdko Ibaizabal (sábado 2 de abril, 18.30 h. Navia).

Grande vitoria do Club Vigo ante o Boiro (3-1) coa que conseguiron dous obxectivos importantes. Primeiro poder manter a categoría, de xeito matemático, para o que resta de tempada, e segundo poder ofrecelo ao seu capitán, Pablo Penedo, unha vitoria xa que se atopa convalecente dunha recente operación no seu xeonllo dereito que o terá apartado dos terreos de xogo durante cinco meses. A próxima xornada (3 de abril, 12.30 h.) enfrontaranse ao FC Barcelona a domicilio.

O Blusens Networks Universidade de Vigo caeu onte en Burgos, no novo campo de herba sintética do polideportivo municipal de San Amaro, ante o Universidade de Burgos Aparejadores por 28 a 19, segundo clasificado da competición. A punto estivo o conxunto vigués de conseguir unha remontada, pero non foi así e o conxunto debeu conformarse con realizar un bo encontro, plantándolle cara a un dos equipos mellor reforzados e preparados da categoría, como tamén sucedese no partido de ida en As Lagoas. Agora o Blusens Networks Universidade de Vigo descansará en Semana Santa e prepárase para recibir o líder da competición en As Lagoas, o Babyauto Zarautz, previsiblemente o domingo 3 de abril, e que sería o último partido na casa antes do final de Liga.

E o CD Mosteiro Bembrive FS caeu na casa ante o líder da competición, o Noia FS (2-4). Os vigueses manteñen o cuarto posto na táboa de clasificación con 42 puntos. A semana que vén enfrontaranse ao Gardo FS a domicilio.