halcones 2016Os Halcones de Vigo debutaron con vitoria na Primeira División da Liga Nacional de béisbol ante o Cambre, grazas ao grande labor en conxunto. Destacou a picher estrela pola parte viguesa, Maher Guevara, que co seu dominio sacou o partido adiante. Ata chegar á oitava entrada cun resultado a favor dos locáis de 7 a 5. A partir deste momento o adestrador vigués decidiu dar a oportunidade e facer debutar ao canterano Raul Bugallo nesta competición, como picher cerrador do encontro disputado.

Cambre anota unha soa carreira máis, co que o disputado encontro culminou co Resultado a favor para os Halcones de 7 a 6. Esta fin de semana ao equipo vigués tócalle descansar da competición ligueira.

O Celta Zorka venceu ao Ciudad de los Adelantados (61-55), candidato ao ascenso, nun brillante partido ante a súa afección. Tras asegurar a permanencia a semana pasada, as célticas demostraron o sábado que non se queren relaxar e tras completar unha excelente primeira parte, defenderon ben na segunda e levaron os puntos ante o equipo canario. Esta semana enfrontaranse ao CB Arxil a domicilio.

Goleada do CD Mosteiro Bembrive de FS o sábado ante o farolillo vermello do grupo 1 da Segunda División B de fútbol sala, o Ag. D. Fútbol Sala Bueu (1-6), na súa cancha. Os de Pitu golearon a pesar da falta de xogadores debido a temas laborais. Continúan de cuartos con 42 puntos. Esta fin de semana recibirán ao Noia FS, líderes na táboa de clasificación. O partido xogarase o sábado 19, ás 18.30 h. no Pavillón de Bembrive.

O Olivo goleou ao Atlético Arousana a domicilio (1-5). As viguesas baixaran o nivel nos últimos encontros e viñan de empatar ante o Zamora pero volveron facer un grande partido con boa defensa e mellor ataque e continúan líderes con trece puntos sobre o segundo. Esta fin de semana descansan da competición ligueira.

O Club Vigo perdeu o sábado en terras madrileñas ante un rival directo, o cvleganes.com (3-1) e complícase a permanencia. O equipo de Suso Penedo e Yolanda Sienes sufriu a lesión do receptor Pablo Penedo na metade do primeiro parcial. Os vigueses víronse beneficiados pola derrota do Llars Mundet, que segue 4 puntos por debaixo. Esta fin de semana recibirán ao Náutico Boiro Voleibol, o encontro será o sábado 19, ás 18.30 h. no Pavillón de Coia.

Paso atrás do Magope Seis do Nadal Coia ao caer derrotado en Coia ante o Porriño (19-23). Os vigueses levaron a iniciativa de xogo durante a primeira parte (11-10, ao descanso) aínda que as súas vantaxes foron mínimas e nunca superaron os dous goles. E o mesmo sucedeu no tramo inicial da segunda parte. Non obstante, varias decisións arbitrais en contra dos intereses locais e a lesión de nocello esquerdo de Denís sacaron do partido os de Jorge Fernández. Unha derrota que frea o bo momento que atravesaba e que o fai perder a quinta posición en favor do Luceros, que o avantaxa nun punto. A próxima xornada visitan a cancha de Las Cinco Jotas Lavadores.

E Las Cinco Jotas UB Lavadores perdeu ante o Cañiza Saeplast a domicilio (32-26) que aseguraron a permanencia. Os vigueses están de posto número 13 con 13 puntos. Esta fin de semana reciben ao Magope Seis do Nadal Coia. Derbi apaixonante en Lavadores, o sábado 19 ás 18.30 h.