celta zorkaImportante vitoria a conseguida onte polo Academia Octavio ante o BM La Roca (28-27) nos últimos segundos do partido, que lle permite respirar un pouco máis tranquilo. Méndez, con seis tantos, foi o máximo anotador dos de Jabato que se aferran á categoría acurtando distancia para a salvación. Esta semana adiantan a súa cita liguera ao xoves, na cancha do Juanfersa Gijón.

Repartición de puntos na mañá de onte no Municipal Pahíño entre El Olivo e o CD Amigos do Duero (2-2). Adeus á sorte de vitorias consecutivas, fixada definitivamente en dezaseis. E igualmente adeus ao fortín do Pahiño, que o Zamora se encargou de aniquilar cunha excelente formulación; dende o 1-1 do Oviedo Moderno na xornada 23 da tempada 2014/15, o conxunto de David Ferreiro sumara dez choques en fila (un da campaña anterior e nove nesta) sen ceder un só punto en Vigo na tempada regular. Ata onte. O empate non cambia nada: as viguesas continúan líderes folgadas, cun xogo superior ao resto das súas adversarias. Agora, novo parón ata o 13 de marzo. E sete xornadas por diante á espera das eliminatorias de ascenso.

E nos encontros disputados en Vigo o sábado houbo repartición de sorte. O CD Mosteiro Bembrive FS que recibía ao Albense FS, caeu derrotado por 2-4. Os de Pitu afástanse da zona alta da clasificación do Grupo 1 da Segunda División B de fútbol sala. Esta semana volverán xogar en Bembrive, recibirán ao FS Boal Belleza "A", o sábado 5 ás 18.30 h.

O Magope Seis do Nadal-Coia de Primeira Estatal derrotou ao SAR Plastic Omnium, por un axustado 22-21, nun partido que cumpriu co guión previsto. Foi un encontro igualado, de ida e volta. A vitoria permite aos vigueses adiantar ao Luceros e situarse na sexta posición. E na próxima xornada poderían subir ata a quinta se logran derrotar ao OAR Coruña, a domicilio, co que están empatados a puntos.

Na mesma competición, Las Cinco Jotas UB Lavadores, logrou unha importantísima vitoria ante o BM. Porriño por 21-18, tras seis xornadas consecutivas perdendo. Os vigueses suman a súa quinta vitoria da Liga e mantéñense na décimo terceira posición con 13 puntos. Esta fin de semana recibirán ao Servi-Auto Bueu At., o sábado ás 18.30 h. no Pavillón de Lavadores.

Fora de casa xogou o Celta Zorka, que superou con claridade ao ADBA (53-76), último da Liga Feminina 2. Malia o mal inicio das viguesas, significou a oitava vitoria do campionato para grazas a un grande esforzo ofensivo, onde as nove xogadoras que Cristina Cantero desprazou a Asturias contribuíron de xeito notable. Esta semana as celestes reciben ao Badajoz Basket Feminino, o partido será o sábado 5 ás 17 h. no Pavillón de Navia.

Severo castigo ao Club Vigo ante o Llars Mundet (3-1), rival directo dos vigueses, que o sábado pagaron moi caro os seus propios erros en Barcelona, onde desperdiciaron unha excelente oportunidade para deixar a permanencia case sentenciada. Os de Suso Penedo e Yolanda Sienes necesitan sumar seis puntos máis de aquí a final de tempada para a salvación. Esta semana recibirán ao Intasa San Sadurnino, o encontro xogarase o sábado ás 18.30 h. no Pavillón de Coia.

E o Xuvenil Teis perdeu na cancha do CV Torrelavega (3-1) no seu último desprazamento da tempada. Bo xogo o despregado por parte viguesa que conseguiron gañarlle un set ao equipo líder do Grupo A da Superliga 2. A próxima fin de semana remata a Liga para as xogadoras de Veloso cun enfrontamento contra o equipo de Coruña, o Fisomás Zalaeta, o encontro xogarase o sábado ás 18.00 h. no Pavillón de Teis. Nos catro último postos do grupo atopanse os tres equipos galegos, Emevé sextos, Zalaeta sétimos e Xuvenil Teis que ocupa a novena praza.