loureiro celta zorkaO último partido disputado por Celta Zorka en Lugo significou un máximo rexistro anotador. Os 24 puntos de Cristina Loureiro supoñen a súa marca máis alta dende que viste a camiseta do primeiro equipo, debut producido con 17 anos na tempada 2011/2012, aínda en Liga Feminina 1. Chegada ao club en verán de 2008 con 14 anos, Loureiro completou o proceso de formación como xogadora vestida de celeste, sendo esta a súa oitava tempada en Vigo.

De perfil anotador cunha marcada solvencia no tiro exterior, o seu rexistro máis alto foi o conseguido en Oviedo na primeira volta con 22 puntos, que axudaron a alcanzar a primeira vitoria da campaña para Celta Zorka, En esta ocasión, malia as súas excelentes porcentaxes (9/13 t.2, 2/2 t.3), o seu caudal anotador non puido traducirse nunha nova vitoria.