Celta Zorka e Paligoric rescinden contrato de mutuo acordo

Imprimir

PaligoricA excesiva demora prolongada no tempo para obter o seu visado e poder así integrarse á disciplina de Celta Zorka, levou ao club a rescindir o contrato con Milica Paligoric, de mutuo acordo coa propia xogadora serbia. Esperada a súa chegada dende principios de xaneiro, o paso dos días sen avance ningún nun trámite burocrático, fai que o club decida non esperar máis, e resolver esta relación por este motivo.

A dirección deportiva reinicia polo tanto a busca no mercado dunha xogadora interior que complete o primeiro equipo no inicio desta segundo volto.