Ylenia Manzanares, nova xogadora do Celta Zorka

Imprimir

yleniaNacida en Logroño (1983), aleiro de 1,75, Ylenia Manzanares destaca no seu xogo polo equilibrio en distintos aspectos, a súa experiencia competitiva e por un rendemento permanente en todos os equipos onde militou. Dentro da súa traxectoria, a súa presenza no baloncesto galego foi relevante, disputando a primeira volta desta tempada 15-16 con C.B. Andratx (Liga feminina 2, grupo B), tras o seu paso por Zamora nas dúas campañas anteriores en Liga feminina 1.

Dende o club inténtanse axilizar todos os trámites para o seu debut en Navia o próximo sábado ante Femenino Aragón.

TRAXECTORIA DEPORTIVA

2004-2007: PAVILLÓN OURENSE (LIGA FEM 2)
2007-2008: C.B. BEMBIBRE PDM (LIGA FEM 2)
2008-2009: CAIXA RURAL ZAMORA (LIGA FEM 2)
2009-2013: CORTEGADA VILAGARCIA (LIGA FEM 2)
2013-2015: ZAMORA (LIGA FEM 1)
2015-2016: ANDRATX (LIGA FEM 2)