Importante xornada a que depara esta fin de semana ás viguesas. O equipo xa está a viaxar cara a Madrid (saíu ás 11.15 horas en autocar) onde xogará mañá un interesante encontro fronte ao Canoe, equipo no que milita a ex do celta Gema García.

Será un encontro intenso para o que Miguel Méndez contará coa totalidade do seu equipo (a excepción de Olga que aínda non regresou), Pilar vai recuperándose dos problemas musculares que minguaron as súas facultades físicas as últimas semanas e o resto do equipo adestrou con normalidade.

Teñen previsto adestrar hoxe venres de 22.00 a 23.00 na cancha de xogo. O partido xogará mañá ás 18.00 horas nas instalacións do R. Canoe NC e os árbitros serán Morais Ruíz, Germán e Vázquez García, José.