Derrota sen paliativos do Celta Feminino na súa visita a terras canarias. Adareva foi superior en todo momento ás viguesas, e mostra diso foi o resultado final 81-49. O partido xogouse noutro pavillón pola alerta de chuvia. Esta fin de semana as de Cristina Cantero recibián ao CB Al-Qázeres Extremadura. O encontro será o sábado 31, ás 18.30 h. no pavillón de Navia.