Manel Fernández apoia aos clubes de elite desde as bancadas

Imprimir

manel travesasO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asistiu o sábado a dous partidos importantes para os clubs de elite da cidade. No Multiusos de Navia xogaron o Celta Bosco e o Ensino Lugo nun derbi tradicional do baloncesto feminino, onde perderon as celtestes (63-71).

Máis tarde, o Octavio voltou ás Travesas para xogar fronte ao BM Nava no regreso de Cerillo á División de Honra B, coa primeira vitoria dos vigueses nesta tempada (25-23).

O concelleiro sabe da trascendencia dos dous partidos e quixo estar na primeira liña de fogo animando aos equipos da cidade.