Cabecera Vide

Footplus, actual provedor biomecánico do Celta de fútbol, quixo apoiar tamén o proxecto deportivo do equipo feminino de baloncesto

footplusO R.C. Celta Vigo- Baloncesto feminino someteu ás súas xogadoras a un completo estudio biomecánico nas instalacións de a empresa Footplus para coñecer qué xogadoras tiñan problemas nos pés e corrixilos con equipos personalizados. O uso dos equipos personalizados permite aos deportistas mellorar o seu rendemento e previr posibles lesións.

A súa utilización estará orientado tanto á práctica deportiva como ao seu uso na vida diaria. Isto permitirá evitar sobrecargas nas presións recibidas polos pés tanto durante os adestramentos coma na competición.

Este traballo levouse a cabo grazas ao convenio de colaboración que o Club estableceu con a empresa Footplus, que estendeu este acordo para traballar coa entidade e dar cobertura ao resto dos equipos vinculados ao club.

A través de cámaras de vídeo e fotográficas rexistráronse as súas pisadas filmando cada xogadora do primeiro equipo. Ademais de rexistrar datos tridimensionais da bóveda plantar e do seu funcionamento dinámico.

Grazas aos datos solicitados o Club coñecerá con detalle a estrutura real do pé de cada xogadora, unha valiosa información coa que se poderá traballar na mellora do rendemento e na protección ante posibles lesións.

O labor de Footplus continuará unha vez comece a tempada. Nos próximos días as xogadoras coñecerán as súas desviacións posturales e como corrixilas co uso axeitado dos equipos personalizados ademais de manter un control de seguimento durante a tempada.