Difícil encontro o que depara esta xornada, as viguesas enfróntanse, outra vez, a un dos grandes, un Perfumerías Avenida que vén de vencer en competición europea por 18 puntos e que necesita gañar en Vigo para non perder terreo na parte alta da táboa.

Se xa en condicións normais e coa totalidade do equipo celeste en perfecta condición física, unha vitoria ante o terceiro clasificado é case imposible, a baixa de Olga (aínda no seu país), os problemas musculares que vén arrastrando Valero dende Decembro, a escordadura de Pina (sufrido a pasada xornada de liga ante Canarias) e a inoportuna lesión de Branca o pasado luns (esta tarde faranlle unha ecografía do cuadriceps dereito para determinar o seu alcance) fan que pensar en derrotar ao Perfumarías sexa un sono.

Visítannos tres ex-celestes: Alaña, Podrug e Alba Torrens.


Sabado día 23 ás 18.00 horas IMD
Árbitros: Calatrava Cuevas, Fernando e Perez Vermello e Jon.