O Celta regresou de Las Palmas de baleiro

Imprimir

O Celta Indepo regresou de Las Palmas de Gran Canarias de baleiro ao non ser capaz de derrotar a un Gran Canaria cunha gran defensa.

A falta de rotacións, presentouse no partido con nove xogadoras, non axudou tampouco ao conxunto vigués. E por se fose pouco, nos últimos minutos do primeiro tempo, María Pina lesionouse. Todo iso fixo que o equipo céltico sufrise unha das derrotas máis avultadas da tempada.

G.C. CAIXA DE CANARIAS 64 - CELTA INDEPO 46

Sábado, 16 de xaneiro de 2010
Pavillón La Paterna