O Celta Selmark cae ante o Universitario de Ferrol na Copa Galicia

Imprimir

As viguesas caeron derrotadas ante o moi superior Universitario de Ferrol por 69-41, na semifinal da Copa Galicia de baloncesto feminino, celebrada o pasado venres no pavillón de Esteiro. Cumpríronse as expectativas, e o Celta Selmark non foi capaz de dar a sorpresa. O próximo compromiso das de Carlos Colinas será o venres, en Vilagarcía, en partido amigable ante o Portomar Cortegada.

 Estadísticas (67.58 kB)