Savia nova para o Celta Selmark

Imprimir

presentacion-celtaO Celta Selmark presentou onte, no Hospital Vithas Fátima, a Inés Faustino e Salomé García, que xunto con Minata Keita, a cál chegará a Vigo o domingo, constitúen as fichaxes do equipo celeste para esta nova tempada.

Inés Faustino, base internacional portuguesa, nacida en Aveiro, conta con 22 anos, achegará experiencia a un equipo novo. Procedente da máxima categoría da liga lusa, militou no Espegueira, Vagos e o Anglés, destaca polo seu xogo ofensivo e creativo.

Salomé García, alicantina tamén de 22 anos, militou nas últimas tempadas no Portomar Cortegada, onde ocupou o posto de aleiro, é unha xogadora de equipo, destaca o seu novo adestrador, Carlos Colinas.

As viguesas xogarán hoxe ante o Olivais o seu primeiro amistoso da pretempada. Mañá enfrontarase ao Vagos, os dous en terras lusas.