O equipo vigués viaxará esta fin de semana a Portugal para disputar os dous primeiros amigables de la tempada. O venres o Celta Selmark enfrontarase ao Olivais, e o sábado, ao Vagos. O equipo que dirixe Carlos Colinas comezou os adestramentos hai tres semanas, tras os encontros amigables de preparación, disputará a Copa Galicia. Comezará a competición o vindeiro 1 de outubro, recibindo ao Pavillón de Ourense, e visitará ao Durán Manquinaria Ensino.

 

Por outra banda, o Celta espera hoxe a chegada da senegalesa Minata Keita. A pivot tiña permiso do club para atrasar a súa chegada.

O club chegou a un novo acordo co Hospital Vitas Fátima para proseguir durante un ano máis o convenio de colaboración, polo que a entidade sanitaria seguirá prestando os seus servizos ao club celeste.