O equipo vigués volveu onte ao traballo, sen Minata Keita, para preparar a tempada que arranca o 25 de outubro, a terceira consecutiva na Liga Feminina 2. As de Carlos Colinas marcáronse como obxectivo a fase de ascenso. O equipo traballará en dobre sesión, pola mañá física en Castrelos e pola tarde pista en Navia.

O Celta mantén o equipo da anterior tempada, con Marta Canella, María Araújo, Cristina Loureiro, Iria Varela, Laura Alonso e Ángela Coello, e esta tempada únense Minata Keita, Inés Faustino e Salomé García, ademais das canterazas, Candela Hermida, Paloma González e Sara Seguín.

As celestes apurarán o traballo as próximas semanas desprazándose a Portugal para xogar os dous primeiros amigables co Olivais e o Vagos.