Tras a marcha de Begoña Pallardó e Débora Rodríguez agora chegoulle o turno a dous canteranas do Celta Selmark, Isabel Herbello e Elena Novoa. A súa perda non alterará os plans de Carlos Colinas xa que os seus postos os cubrirán novas xogadoras procedentes da frutífera canteira que ten o club vigués. Tras as fichaxes de Minata Keita e Salomé García, o Bosco de momento non vai realizar máis incorporacións.