O RC Celta Bosco formalizou a contratación de Minata Keita para o seu primeiro equipo. A xogadora africana é a primea incorporación de Celta Selmark de cara á tempada 2014-2015.  Pivot de 1.88 m. e nacida en Mali (1989), militou nesta pasada campaña en Al Qazeres e Arxil Pontevedra, facéndoo anteriormente nas ligas tunecina e senegalesa. Na súa estrea na Liga Feminina 2, as súas medias globais foron de 18,4 puntos e 14,8 rebotes.