Derrota do Celta Selmark, minguado polas baixas

Imprimir

Celta Selmark plantou cara ao Al-Qazeres durante 20 minutos, pero tivo que ceder ante o potencial das extremeñas, unha das candidatas ao ascenso que levou a vitoria con claridade por 54 a 79. As viguesas contaron coa baixa dos seus dous pívots naturais Débora Rodríguez e Nogaye Lo. A próxima xornada enfrontaranse ao Universitario de Ferrol a domicilio.