Cabecera Vide

Vitoria do Celta Selmark en Valladolid

O Celta Selmark gañou con claridade ao Universidad de Valladolid por 46-68, colista da Liga Feminina 2 de baloncesto. Carlos Colinas fixo debutar a unha nova xogadora junior, Nuria Camiña. O Celta Selmark segue cuarto na táboa de clasificación. A próxima xornada as viguesas reciben o C.B. Al-Qázeres Extremadura. O encontro será o venres 28 de marzo, ás 20 h. no pavillón de Navia.