Cabecera Vide

Celta Selmark vence a CB Arxil e recupera o basketaverage

O Celta Selmark impúxose nun intenso partido de rivalidade provincial ao CB Arxil (71-58), nun choque en que non só suma unha vitoria máis senón que recupera o basketaverage perdido na ida cun rival co que se atopa moi próximo na táboa clasificatoria. A mala noticia vén da lesión de Nogaye Lo de aparente gravidade a teor do visto na pista.