Cabecera Vide

O Celta Selmark, cunha excelente defensa, bloquea ao Oviedo

Celta Selmark logrou unha clara vitoria ante Universidad de Oviedo (63-45) nun partido de factura moi similar a outros anteriores en que a súa defensa se erixiu como principal protagonista. A próxima xornada, as viguesas recibirán ao Portomar Cortegada. O partido será o venres 28 de febreiro, ás 21 h, no pavillón de Navia.