O Celta finaliza a primeira volta coa terceira derrota consecutiva

Imprimir

O Celta Selmark perdeu ante o Durán Ensino por un abultado marcador de 65-36. As mozas celestes apenas puideron opoñer resistencia ás lucenses. Encontro disputado no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo e terceira derrota consecutiva das viguesas pese a volta de Lara Alonso. Con este encontro finalizou a primeira volta do campionato. A próxima xornada enfrontaranse ao Café Barco GBP a domicilio, na duodécima xornada da Liga feminina 2.