O Celta Selmark caeu derrotado, na súa visita ao Pavillón de Fontecarmoa, ante o Portomar Cortegada por 54-48. Segunda vitoria das locais no que vai de liga, esta vez ante as viguesas que comezaron dominando no marcador pero acabaron sucumbindo ante as de Vilagarcía nun partido onde non ofreceron bo espectáculo.

A próxima xornada as rapazas de Carlos Colinas recibirán ao Aros León. Será o sábado 30 de novembro, ás 18.30 h. no pavillón de Navia.