Celta Selmark non puido dobregar a Pabellon Ourense na segunda xornada da Liga Feminina 2. A zona local atragoouse no último cuarto e concedeu facilidades nos minutos finais que permitiu vencer as locais. Partido moi igualado cun triplo de María Araújo a un segundo do final que non chegou a entrar e impediu a vitoria celeste.

A próxima fin de semana as viguesas reciben ao ADBA. Será o sábado, no Pavillón de Navia, ás 18.30 h.