Celta Selmark venceu, o pasado sábado, na primeira fase da Copa Galicia de baloncesto feminino, ao C.B. Arxil de Pontevedra por un contundente 64 a 49. As viguesas enfrontaranse en semifináis ao Maquinaria Ensino o vindeiro venres, ás 18.30 h, no pavillón de Esteiro de Ferrol.

A metade de semana, as rapazas que adestra Carlos Colinas, viaxaran a Vilagarcía para xogar un amigable ante o Portomar. Será no pavillón de Fontecarmoa, o mércores, ás 20.30 h.