Cabecera Vide

O Celta Selmark arranca as súas tres derradeiras semanas de pretempada

Noa_begoTras a disputa do amigable en Lugo, onde Celta Selmark derrotou a Ensino (44-50), as viguesas inician as últimas tres semanas de pretempada coa mirada posta no sábado 26 de Outubro, data do inicio ligueiro en Navia. Antes de chegar a esa cita, ademais da correspondente carga de traballo técnico e físico, tres paradas esperan á nova escuadra.

O próximo sábado 12 xogará o seu primeiro partido en Vigo nesta pretempada, recibindo a Arxil Pontevedra (finalmente, por cambio de última hora, xogarase no Pavillón de Bouzas, ás 20 horas) en choque correspondente á Copa Galicia. Posteriormente, visita a Vilagarcía o mércores 16 para medirse a Portomar Cortegada.

Os problemas físicos que algunhas xogadoras sufriron en pasadas semanas foron evolucionando de xeito positivo, estando o equipo, en termos xerais, nun bo estado para afrontar este último terzo de pretempada.