celta_pallardoCelta Selmark conta cunha nova xogadora no seu equipo. Trátase da base Begoña Pallardó (Valencia, 1992), formada na canteira de Ros Casares. Tras completar a súa etapa no club levantino, militou posteriormente en Cidade de Burgos (tempada 10-11) e en Pavillón Ourense durante as dúas últimas campañas, todas elas en Liga Feminina 2. Base de 1.68 m, Pallardó destaca pola súa intensidade e criterio no xogo colectivo.