As infantís do Celta Selmark perderon ante o Estudiantes A, o segundo partido do Grupo Edel do Campionato de España infantil feminino de baloncesto que se está a disputar en Lanzarote. Por un 67-39 as celestes non puideron co potencial das madrileñas, pero manteñen as súas posibilidades de clasificarse para oitavos de final. Necesitan pra iso gañar hoxe ao Franciscanos Adeba.