Celta e Selmark selan a súa unión por unha tempada máis

Imprimir
Tras conversacións mantidas por ambas as dúas partes nas últimas semanas, Selmark e Celta- Bosco continuarán ligados durante a tempada 2013/2014. A empresa viguesa, punteira no sector da lenzaría feminina, seguirá dando nome ao primeiro equipo da entidade céltico, consolidando deste modo unha vinculación que comezou en Outubro de 2012. Este patrocinio reforza o proxecto deportivo da próxima tempada que en próximas datas comezará a construirse.