O Celta Indepo xogará o seu partido da sexta xornada da Liga Feminina o xoves 5 de novembro nas Travesas, para evitar a coincidencia cos Campionatos de Europa sub 21 de taekwondo.

A decisión foi tomada pola xunta directiva que preside Paco Araújo tras estudar a solicitude da Concellería de Deportes e da Federación Galega de Taekwondo, xa que o torneo oficial europeo comeza no pavillón central do IMD o venres día 6 ás 8.30 horas e a competición alárgase ata o domingo 8. Ademais, a montaxe dos tapices sobre o central require tempo.

O Celta Indepo quere agradecer tamén a comprensión do Hondarribia, rival do equipo de Miguel Méndez para esa data, ao aceptar a proposta de cambio.

O partido Celta Indepo-Hondarribia xogarase ás 20.30 horas. Os afeccionados con carné Siareiros Elite teñen dúas horas de aparcadoiro gratuíto no parking do Centro Comercial Camelias en virtude dun acordo entre a dirección do Centro Comercial Camelias e de VIDE.